Thursday 02 de May de 2024

A Xunta realizará o vindeiro 10 de decembro unha proba con son real das sirenas de aviso á poboación do plan de emerxencia exterior de Punta Promontorio


O exercicio conta coa colaboración do concello de Mugardos é terá lugar ás 12 da mañá

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, en colaboración co Concellos de Mugardos, e dentro das accións de implantación e mantemento da operatividad do Plan de Emerxencia Exterior da Punta Promontorio, realizará un exercicio consistente na activación das sirenas de aviso a poboación con son real o próximo día 10 de decembro de 2015 ás 12:00horas.

O obxectivo do exercicio de activación de sirenas é que a poboación da zona de influencia das instalacións industriais de Reganosa e Forestal del Atlántico-Imegasa, no termo municipais de Mugardos, poidan identificar e familiarizarse cos sons de inicio e final de emerxencia, así como comprobar o correcto funcionamento das sirenas.

O Plan de Emerxencia Exterior de Punta Promontorio, ten como principal obxectivo determinar os posibles riscos e ter preparada a resposta adecuada para minimizar as consecuencias en caso de producirse un accidente nalgunha das empresas do Plan.

A Xunta de Galicia e o Concello de Mugardos, procederon a realizar, durante estes días, unha campaña informativa entre os veciños das zonas susceptibles de verse afectados avisando de que se trata soamente dunha proba das sirenas e que mais alá destes sinais acústicos e dunha maior presenza dos servizos de urxencia e seguridade na contorna do polígono industrial, a actividade dos veciños non se verá afectada en absoluto, e poderán continuar coa súa rutina.

Desde a Xunta de Galicia quérese destacar a importancia da aposta pola prevención, como mellor ferramenta de resposta ante as posibles emerxencias. Os PEE establecen as medidas de protección idóneas, os recursos humanos e materiais necesarios para a súa aplicación e o esquema de coordinación das autoridades, organismos e servizos que poidan intervir. Son redactadas pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, validadas pola Comisión Galega de Protección Civil e posteriormente aprobados polo Consello dá Xunta e homologados pola Comisión Nacional de Protección Civil.